Choose your language

5 may 2014

Marathon Woman.Coruña 42.

49 Foron as mulleres que o domingo 27 de Abril participaron na 3ª edición da Maratona de A Coruña
42 kms 195 metros foi a distancia que percorreron.
3:05:51 foi a marca da primeira.
4:45:20 foi a marca da derradeira.
E todas elas foron Heroínas, e todas elas foron Campionas, porque nunha maratón, todos gañamos.
Digo todos, porque eu tamén participei.
No Ano 2012 sen case ser consciente de todo o que significaba correr unha Maratón, animeime e corrin e cheguei a meta.
No Ano 2013 a miña intención era participar tamén, pero unha lesión no xeonllo dereito, fixo que finalmente tivese que abandoar a idea de correr. Pero seguin adestrando. Senon era posibel ese ano, sería o seguinte. En Xaneriro do 2014 en canto abriou o prazo de inscripción e despois de comprobar que a perna respondía aos adestramentos, decidín que xa estaba lista, e inscribinme, pero o pouco as molestias volveron aparecer, e o medo instalouse dentro de min.
Había días que non podía correr máis de vinte minutos seguidos,outros no que a terquedad facíame correr dúas horas, pero nunca tranquila sempre con molestias...... pouco a pouco, foron pasando os meses, os adestramentos eran caóticos en sí representaban todo o que non se debía facer nun adestramento.
O domingo 27 decidín enfrentarme a ese máldito medo e ir correr. Ía ser duro, sabía que a partir do km 30, todo ía depender da cabeza, e a cabeza fixo o seu traballo.
No Ano 2014, fun quén de correr a miña segunda Maratona, na cidade de A Coruña, xunto con outras 48 mulleres, fun quén de enfrentarme ao medo e de dar un paso adiante, un paso que costa un mundo, agora podo dicir que esta segunda Maratona non será a última.


2 comentarios:

  1. Hola guapa,
    Me alegro de que tu experiencia haya sido tan buena y no sea la última maratón!
    Acabo de conocer tu blog y ya me quedo como seguidora, te invito también a conocer el mío :)
    Besos
    http://2minutosblog.blogspot.com

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas!!!Seguro que el año que viene, repito, en cuánto pasen las consabidas semanas de recuperación, empiezo a entrenar de nuevo.
      Un beso!!!

      Eliminar