Choose your language

11 may. 2014

I am still learning.

Un tema que sempre comentamos e do que case sempre nos queixamos os runners, é o tema  das camisetas que regalan nas carreiras. 
Queixamos da cor, do slogan, e das tallas.
Non sei que pasa pero ainda que consigas unha camiseta da talla S normalmente son moi grandes.
Teño os caixóns dos armarios cheos de camisetas, da Coruña 10, da Pedestre de Compostela, da media de Coruña, da VigBay, da Monumental de Lugo, da Carreira de Santa Cruz......a maioría quedanme grandes, pero en fin, para sair a adestrar, que mais dá ;)
Ésta gustame moito, é do meu primeiro trail que fixen. 
O Trail de Oleiros. 


E cada día sigo aprendendo no mundo do Running. 15 días despois da Maratón hoxe saín trotar uns kms, as pernas responderon ben e notabame con enerxia, pero creo que xa dín aprendido, a recuperación despois dunha Maratón hai que facela con sentidiño, a modo, pouco a pouco, así que os 40 min, parei e fun refrescar as pernas a praia, outra cousa que aprendín neste último ano. O mar frío de Bastiagueiro deixame as pernas novas e lista para outro día de adestramento.
Feliz Semana!!!


6 comentarios:

  1. Dúas cousas coas que coincides co meu marido: un caixón cheo de camisetas e refresca-las pernas na praia despóis de competir... dí que é o mellor.

    Feliz semana!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O de refrescar as pernas e das mellores cousas que podes facer despois de correr, sin subida.
      E ti, non te animas a correr? A única pega, seria mais camisetas ;)
      Bicos!!!

      Eliminar
  2. Parabéns!!!! sinto o retraso, gustoume moito a entrada anterior, a testa fixo o seu traballo pero tamén as pernas e o sorriso, bravo campeona! agora a recuperar a modo como estás a facer e a disfrutar dos novos obxectivos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Celina! Correr faiche sentir todas esas bonitas sensacións, é impagabel.
      bicos!!!!

      Eliminar
  3. Hola guapa,

    Tendría que ponerme las pilas e ir a correr algún día!

    Un beso,
    Cristina♥
    http://blog-andcoffee.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro, avísame e vente conmigo!!!Animate!!!
      bicos!!

      Eliminar