Choose your language

23 may 2014

Diamonds Are a Girl's Best Friend.

Lembro con moito cariño os sábados pola tarde de cando era nena.
 Corría para a sala de estar despois de xantar e encendía aquel televisor branco e negro, aquel Telefunken con só dous botóns, só dous canais: a primeira e a segunda. 
No primeiro canal, os sábados tocaba ver a "Película".
A peli do sábado, soía ser algunha das pelis da Metro, da Paramount, da Warnner, da Metro Goldwym Meller.... Películas dos anos dourados de Hollywood, protagonizadas sempre por Actrices que eran tan belas, tan perfectas, tan etéreas, tan inalcanzabéis, que era imposibel deixar de miralas e admiralas.
Elas lucían como ninguén no mundo, preciosos colares, diademas, anéis, brincos.........e eu, unha nena de aldea pensaba que nunca xamáis podería ter nas miñas mans algunha daquelas "marabillas"
Elizabeth Taylor, dicia que ela non era a dona desas preciosas xoias( as que lle soía agasallar Richard Burton despois das súas grandes broncas de namorados),ela dicía que só era a súa coidadora tamporal na terra. 
Hoxe en día podemos sentirnos por momentos como Elizabeth Taylor, como Rita Hayworth, como Bette Davis, como Greta Garbor, como Marlene Dietrich......como esas "Deusas" terrenáis, grazas a Bisutería ao alcance dos petos de todalas mortáis ;)






3 comentarios:

  1. Hola guapa,

    Genial el collar, precioso. De fondo el bolso de perlas, que tenemos las dos! ;)

    Un beso,
    Cristina♥
    http://blog-andcoffee.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si o bolso é dos meus prefes, porque ademais usoo de desestresante ;)

      bicos!!!

      Eliminar
  2. Moi bonitas as xoias!!!

    Un bico,

    IT GIRL AILÉN

    ResponderEliminar