O verán é unha época chea de horas de luz, dannos a sensación que o día é mais longo e queremos aproveitalo ao cento por cento.
Tiven tempo para correr moitas carreiras, para adestrar, para sair na bici, e comezar a nadar do mar en vez da piscina. Xa por fin fixen o meu primeiro triatlón. O verán esta cheo de novas oportunidades.
Tamén e tempo de festas, aquí en Galicia, todolos días hai festas en cada aldeiña e en cada Vila.
Vestimos os traxes tradicionais e os grupos de baile amosamos as pezas que levamos ensaiando todo o inverno.
As roupas e as Xoias tradicionais son preciosas.
Feitas con tecidos nobres como o liño, o terciopelo e os mellores paños para as saias.
Os pendentes son pezas de orfebrería de prata de lei.
E é tempo de shorts, de azul mariño, de ensinar as pernas, de pasear de tomar tapas empanada de polbo, de tortillas de marisco e viños brancos fríos e cervexas......ainda nos queda setembro para seguir disfrutando de luz.
Como aproveitaches o verán... a aínda o que nos queda!
ResponderEliminarTes verdadeiras xoiais nas orellas, son preciosos!!
Cada día e cada minuto e cada segundo contan para sumar, sigamos sumando :)
EliminarEstou enamorada destes "brincos" pendentes, son preciosos si.
bicos!!