Choose your language

8 oct 2014

Special clothes made for me.

Traballar no mundo da moda, faime máis doado poder acceder a certas prendas dunha calidade, e dun deseño que normalmente non  é doado de atopar nas grandes superficies comerciais.
Falo de prendas feitas por persoas con nomes e apelidos.
Persoas coas que traballo, e que deixan a súa pegada de paixón e bó facer nas prendas.


É como cando era pequena, e a miña roupa faciama miña nai. 
Ela tomaba as medidas, ela escollía os mellores tecidos, ela cosía, ela bordaba, ela facía os patrons.....
Esa sensación volveu a mín por un instante.
A sensación de ser unha prenda única.


O abrigo era un pouco máis longo, e pedín que mo cortaran, xa que para levar con vestidos sempre quedará mellor un pouco máis curto, ademais para o meu tamaño, non me vexo con prendas demasiado longas.


 Opto sempre por prendas atemporais e únicas. A hora de escoller as prendas non pretendo ir a moda. 
Escolloa por ela mesma, se é bonita, se ten boa caida, é me senta ben, listo, é o único que me interesa, Supoño que según pasan os anos, volvémonos todas un pouco máis esixentes coa roupa.
  

 Este abrigo, é da colección deFall-Winter 2014-2015 by Coldelrosso . 

Photos by Me.
Photo from Coldelrosso

4 comentarios:

  1. Coñezo esa sensación, e non a cambio por nada. O abrigo é precioso e atemporal.

    Bicos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, e algún día gustariame aprender tamén a coser.
      Bicos!!!

      Eliminar
  2. Wow, góstame moito! e a verdade é que ti con él estás fermosísima, bicos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Celina!!
      A máxia das cousas ben feitas, fante guapa!
      Bicos!

      Eliminar