Choose your language

1 sept 2014

Welcome September

O verán é unha época chea de horas de luz, dannos a sensación que o día é mais longo e queremos aproveitalo ao cento por cento. 
Tiven tempo para correr moitas carreiras, para adestrar, para sair na bici, e comezar a nadar do mar en vez da piscina. Xa por fin fixen o meu primeiro triatlón. O verán esta cheo de novas oportunidades.



Tamén e tempo de festas, aquí en Galicia, todolos días hai festas en cada aldeiña e en cada Vila.
Vestimos os traxes tradicionais e os grupos de baile amosamos as pezas que levamos ensaiando todo o inverno.
As roupas e as Xoias tradicionais son preciosas.
Feitas con tecidos nobres como o liño, o terciopelo e os mellores paños para as saias.
Os pendentes son pezas de orfebrería de prata de lei.


E é tempo de shorts, de azul mariño, de ensinar as pernas, de pasear de tomar tapas empanada de polbo, de tortillas de marisco e viños brancos fríos e cervexas......ainda nos queda setembro para seguir disfrutando de luz.


2 comentarios:

  1. Como aproveitaches o verán... a aínda o que nos queda!

    Tes verdadeiras xoiais nas orellas, son preciosos!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cada día e cada minuto e cada segundo contan para sumar, sigamos sumando :)
      Estou enamorada destes "brincos" pendentes, son preciosos si.
      bicos!!

      Eliminar