Choose your language

29 jun. 2014

A Pink Dress from Zara

Alí estaba o vestido, na web de Zara, rebaixado. Eu ollaba para él e non facía máis que verlle inconvintes; Rosa, corte grego, capas e capas de tul....."demasiado", cando vou poñelo? como non teña unha voda.
E non sei ainda porqué, pero no derradeiro momento dinlle a opción de mercar.
E así chegou a mín, nunha caixa marrón, envolto en papel rosa, un vestido de "princesita".
Volvín ollar para él, colgueino dunha percha e metinno no armario. Autoconvenzendome que algún día o poñería e senon, senón.......algo podería facer, cortalo e facer unha saia.....por exemplo.
O sabado saín correr 10 kms e mentra corría ía cabilando na roupa que me poñería dúas horas despois para ir a voda duns amigos.
 Ducheime e mentras me peiteaba seguía a darlle voltas a cabeza: poñerei o vestido rosa de tul? Tiña unha voda, era a oportunidade que estaba agardando se non era desta vez, o vestido quedaría no armario para sempre.
Era unha mágoa, era o vestido perfecto para ese tipo de cerimonias. 
Era o día do vestido de tul rosa.
Así que o sábado despois dun ano de ter o vestido na casa, porfín, puxeno.






6 comentarios:

  1. Atopaches a ocasión perfecta e coa diadema acertaches de cheo.
    Boa semana!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas! a diadema tamén andaba a dar voltas pola casa adiante......creo que atopou por fin, a súa parella ;)

      bicos!!

      Eliminar
  2. Estabas perfecta, o vestido é realmente fermoso, gustame un montón como che queda! :)
    Seguro que xa mereceu a pena compralo só por levalo na voda! Biquiños!!!

    Lucia Gallego Blog
    Lucia Gallego Blog Facebook

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas Grazas!!! Pensar que estivo un ano no armario :(

      bicos!!!!

      Eliminar
  3. Hola guapa,

    El vestido es precioso!!! Yo me enamoré de él pero nunca no lo encontré de mi talla!!!! El bolso precioso ya lo sabes jeje #somosadictasalasperlas jaja

    ResponderEliminar
  4. Si que é moi bonito, e o bolso xa se convertiu nun "imprescindibel" para mín, teño outros pero sempre acabao esconllendo este.
    bicos!!!

    ResponderEliminar