Choose your language

27 ago. 2013

Don´t give up

I ese domingo sabía que me estaba a pasar co adestramento, que esa semana levaba xa moitos kms feitos, que tiña que descansar, pero A Maratón estaba ahí e non podía perder o adestramendo do día de tirada longa, os 25 kms chamaban por min.......sabiao, e ainda así saín, e tiven que volver camiñando. 
E depois de meses de coxear, de correr 5 min. de non correr, de piscina outra vez, de sesións de fisio de erguerme pola mañan e o primeiro que viña a miña cabeza era o xeonllo, maldito Xeonllo!! de correr pola area 5 min., de correr pola herba outros 5, de estirar, estirar e volver a estirar, de non poder bailar, de non poder case camiñar, imposibel correr.......por fin un día comecei a correr media hora, 40 minutos, unha hora, a trote de caracol, pero o meu Xeonllo ainda queixandose aguantaba. E o domingo fun a carreira de Santa Cruz en Oleiros, e foi máxico, especial e por fin volvin a correr, sen medo!!!



Raquel quedou Primeira na miña categoria i eu terceira, fixemos podium, aquí o seu enlace ao seu bloge. Parabéns Raquel!!!


4 comentarios:

  1. Felicidades, ese podium é o regalo despois de tanto esforzo! ademais, este post ten o mellor título posible, nunca hai que abandonar, os fortes son os que se levantan, non os que non tropezan nunca!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Celina!!!caerse é inebitabel, o importante é como dís tí, volver a erguerse e tirar sempre para adiante, a meta sempre está diante nunca atrás!!
      Bicos!!!

      Eliminar
  2. E moitos parabéns tamén para tí! Polo teu espíritu de sacrificio!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, costou esforzo, pero ao final a meta estaba xusto diante de min!!!Un bico!!!

      Eliminar