Choose your language

16 abr. 2012

Marathon Woman. Coruña 42

 E por fin chegou o día!!Cea cos amigos, pasta, moita pasta, e os nervios fan das súas o sono non chega, as dúas da mañan e a miña cabeza non para. As 6:45 toca o despertador, almorzo, un café e un anaco de biscoito de chocolate, non me entra máis, collo un platano para o camiño, fai frío 7º na rúa, parece que non chove, imos para a saida e comeza a aventura. Un enorme sorriso se debuxa na miña cara, por fin, estou correndo a Maratón. no Km 7 empeza a chover, vai moito vento, que me leva para atrás e comeza a caer Saraiba, todos calamos, un silencio absoluto invade a carreira soamente se escoitan o chapoteo dos noso pés no charcos, fai frío e ainda quedan 35 kms por diante. seguimos correndo por fin escampa e non volve a chover, pero o vento e o frío fai a Maratón máis dura do que pensamos. Unha volta feita, e vou ben, leda e ilusionada, segunda volta, Xenial xa soamente queda a derradeira, soamente 14 kms máis, as bandas de música emocionanme e teño unha ganas tolas de poñerme a bailar,  a partir do kms35, as miñas pernas comezan a queixarse, os pés penso que debo telos totalmente desfeitos, mollados e con feridas pero sigo e pouco pouco voume acercando a Praza de Maria Pita, por fin, ahí está paso por Porta Real, miro para arriba veño o crono 4h.11 minutos, cruzo a meta. Nunca me sentin tan ben.!!

No medio dos homes, a Primeira Muller en chegar a Meta, a Galega Maria Cabadas.

6 comentarios:

  1. Carariii menudo merito !!! Enhorabuena !!!

    ResponderEliminar
  2. Eres una campeona, mira que me hermano no para de decirme "Vente a correr conmigo" Ahora que llega el buen tiempo saldré algún día con calma...haber que tal ^_^

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ánimo, o camiño faise paso a paso, eu comecei un día fai catro anos, correndo só 20 minutos e mira a onde cheguei ;)
      bicos!!!!

      Eliminar
  3. Teño como obxetivo correr un pouco todos os días, pero aínda me da un pouco de vergoña ir eu soa, pero supoño que é cuestión de lanzarme!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non o dubides, que non te dea vergoña, todos comenzamos a correr un día, lentos, torpes, inseguros....pero pouco a pouco mellorarás e chegarás a meta ;)
      un bico.

      Eliminar