Choose your language

7 ene 2012

Jane Eyre.My first heroine!

Noite de Reis, e recibo un gran agasallo!Despois de agardar uns cantos meses dende o estreo en Estados Unidos de Jane Eyre por fin, podemos ver a pelicula nas nosas terras. Teñolle un cariño especial a Jane Eyre, na casa dos meus pais un día buscando algo para ler nas estanterias do salón, atopei a novela en dous tomos de Jane Eyre de Charlote Brontë e con 12 anos sumerxinme no mundo de Jane, de Rochester, de Thornfield, dos paramos de Inglaterra, da súa bruma e da súa beleza. Descubrín que Jane era unha muller forte, independiente, intelixente e culta que loitaba por sair adiante nun mundo frío, cruel e duro en demasia, para unha moza da súa idade. Páxina a páxina ia descubrindo a vida de Jane, o seu coraxe, a súa templanza, o seu valor, e convertiuse para min na miña primeira heroina. Foron pasando os anos e fun lendo outros libros, e de vez en cando volvia a atoparme con eses tomos, abriaos  e volvia a ler esas palabras tan cercanas para min. Agora están conmigo na miña casa, na miña mesita de noite, son un pequeno tesouro.
Así que estaba desexando ver esta pelicula, e podo dicir, que me encantou, que é moi parecido a estar lendo o libro, a fotografia é impresionante, os actores sublimes, o vestuario perfecto, quen poidera poñer esas roupas...a única pega que lle vexo é que si non liches o libro, probablemente non te enterarás moito do argumento, así que primerio leede o libro, e despois ide a ver a pelicula non vos defraudará.









8 comentarios:

  1. Xa hai tempo lin este clásico da literatura, e apetéceme ir ver a película, que ten ademais tan boa crítica.
    Agasalláronche un libro fermoso, cunha bonita encuadernación.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Gracias pola recomendación, ten moi boa pinta. o do libro vexoo difícil de lelo antes de vela película, xa que só leo no verán. Agora entre o traballo, a escola de idiomas, a miña nena e o blog, non teño para máis.

    Bicos,

    María

    ResponderEliminar
  3. Oh I've watched that film. They managed to give it some sort of fantastic dimension. I really loved it, although it was slightly too long to my taste.

    xoxo
    http://sundaesbest.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  4. La última que he ido a ver es la de sherlock que esta genial, esta me la apunto!

    Un besito

    ResponderEliminar
  5. I read the book but I didn't like it that much, but I really really want to see the movie! Was it good? If you like that book though, you might also like Pride and Predjudice. I loveeeeed that book

    ResponderEliminar
  6. Pili, vai a vela non o dubides, e se podes en versión orixinal moito millor!! Un bico

    Clara, Thanks!! I visited your blog and I like it!!!

    Jelisaveta, Thank you for your visit!

    Trendy, pois a ver si che gusta, porque creo que o unico inconvinte é que se deixan moitas cousas importantes do libro fora da peli, pero ainda así paga a pena ;)

    Valerie, Yes It´s fantastic and dramatics, and so Special for me!!

    Lidia, bien me apunto la de Sherlock, me gustó mucho la estetica de la primera pelicula. Un bico

    Ash, The movie is so special!! I love it!! I red Pride and Predjudice too and Likes to me ;)love Jane Austen

    ResponderEliminar
  7. A mí tb me gusta mucho, creo que he visto casi todas sus versiones en el cine. Me falta esta última, tendré que ir a verla ;)
    Un beso,
    Cristina.
    http://blog-andcoffee.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  8. No lei nunca un libro de Jane Eyre pero si vi la peli y me encanto! Ya te contaré si llego a leer algo de ella. Un besote, Serea y feliz año nuevo!!!

    ResponderEliminar