Hoxe é luns, e centos de pensamentos e lembranzas enchen a miña cabeza desta finde que pasamos en Porto.
Fumos o vernes, coa intención de aproveitar toda a finde, Porto agardaba por nós.
Preparei a bolsa e mentalmente revisei como 20 veces que levaba todo, debe ser o meu corazón teatreiro, pero cada vez volvome máis superticiosa e métodica cando chega a hora de participar dunha Maratona.
Chegamos case a noitiña e Porto recibiunos con choiva, ceamos estupendamente, bacallau como non.
E xa esta noite só poiden durmir unhas 6 horas.
A pesar de ter corrido dúas maratonas, estaba morta de medo e chea de nervios.
O sábado fumos buscair os dorsais e cal é a miña sorpresa cando vexo que o nome impreso non é o meu primeiro apelido, senón que puxeron o segundo:
"Estévez" O apelido do meu Avó Laureano, o apelido dun Mariñeiro de Fisterra.
Dun Lobo de Mar.
Dalgún xeito, isto dame un pouco de paz. ter o dorsal na man e saber que xa non había volta atrás.
Estaba en Porto e ía correr a Maratona, a que o ano pasado non poidera, e chea de rabia tivera que deixala pasar.
Antes de marchar pasamos polo Stand da Maratona de Coruña, e alí nos sacamos unha foto, o chico do Stand desexounos moita sorte.
grazas!!
|
Yulia and Me. Finisher, Maratona de Porto. |
O domingo, e antes que soase o despertador xa estaba esperta, durmira mal e pouco, con pesadelos da carreria.
Ducha, almorzo, preparación, e alá imos todos.
Yulia e eu íamos correr a Maratona, Chan, Orsy, Arturo e Pedro, Hector, Javi e Jorge a Family Race.
Ao chegar a saida, xa nos atopamos cos compis do Cas. Toño e Manuel e a súa familia.
Quitamos fotos, falamos, estamos emocionados e ansiosos por comezar a correr, nos desexamos sorte e imos aos nosos caixóns.
|
Grande o Clube Atletimo Sada. Manuel, Arturo, eu e Toño. |
Fai frío, e Yulia e eu imos para o noso lugar, alí entre os participantes estamos máis protexidas do vento, a música ponnos a pel de galiña eu miro para o ceo e......soa o pistoletazo.
Comezamos!!
Lentas moi lentas, queremos ir a seis, pero non fai falla case forzarse a ir lentas, entre a multitude de corredores e o tensa que vou, as miñas pernas son bloques de cemento, cando xa imos no km, 3, sintome máis lixeira, pero a miña cabeza está en todo momento pendente das pernas, noto desde a saida "cousas" "sensacións raras" que non me deixan tranquila, levo o corazón encollido e intento para distraerme falar e falar.
Vou en todo momento controlando os ritmos, imos perfecto sempre a seis, algunha vez baixamos a 5:40 pero deseguido voltamos a seis.
Somos moi prudentes.
Vou mirando a ver si atopamos a Manuel, comentaranos que pensaba ir tamén ao noso ritmo e busco por él, de repente o vexo sobre o km 10 e dende alí imos xuntos.
Tamén Arturo atopanos e ven con nós, Pedro tamén, farán parte do percorrido da Maratona.
A partir dese intre, xa son consciente, que estou correndo a Maratona, sigo agarrotada e sei que iso non é bó para as pernas, pero non podo facer nada, só correr.
Cruzamonos coa familia de Manuel, que ben sentan os ánimos!!!
grazas!!
A partir do km 15 os kms van caendo un detrás doutro, 16, 17, 18......21 facemos a media, ben!!!
Yulia, Manuel e eu seguimos xuntos, ainda que nunha parada técnica perdémonos pero Manuel volve collernos e xa dende ahí xuntos os tres.
Pedro segue con nós, ía facer 16 kms pero el está moi forte e segue acompañandonos.
grazas!!!
Non sei en que km nos cruzamos con Toño, pero sei que vai moi ben, a nós ainda nos queda moito e el está xa subindo cara a meta, debenlle faltar 8 kms sei que vai facer un moi boa marca.
Chocamos as máns e desaparece rápido, veloz.
Miro para a dereita e o outro lado do Douro, vexo centos de camisetas de cores, sei que temos que ir ata alí e voltar, o medo de novo metese dentro, apreto os dentes, mordo o beizo e obrigome a seguir, non mires, segue.
As pernas seguen molestando, fai uns kms que me doe o pé esquerdo, Manuel dime que a él tamén, sabemos que o corpo fai das súas e está a protexer coa pisada outras zonas máis débiles.
por fin, chegamos aos 25 kms e a partir de ahí as cousas comezan a mudar.
Concéntrome, a miña cabeza toma o control e unha e outra vez, repitome que xa está que podo, penso no meu dorsal, penso no meu segundo apelido, no meu avo, vexoo subindo por San Jurjo, cos remos ao lombo, vexoo no seu bote, vogando entre as ondas e os temporais de Fisterra, sempre forte, sempre con forza, sen medo, con Furia.
Penso nel e sei que podo, que algo da súa forza ten que estar dentro de mín, e comezo a correr e a desfrutar da carreira, pasamos polo tunel e nese momento emocionome, e choro en silencio.
A partires de aquí, estou tranquila, feliz, xa non teño medo......comezamos a adiantar aos demais corredores, cada vez máis rápidos, sei que é bonito, imos co sorriso na faciana, sentindo e vivindo a carreira, a Raiña das carreiras A Maratona.
A 8 kms da meta, volve Arturo, desta vez con Chan e Orsy.
Grazas!!!
Seguimos adiantando a outros corredores, ninguén nos pasa e Yulia, Manuel e eu sentimonos fortes.
Xa só faltan 4 kms, penso que si, que xa nada vai facer que non chegue a meta, sei que as pernas están fortes e que xa só queda seguir correndo e cruzar a meta.
Chego ao km 42.
e ahí está o arco da Meta, do Fin.
Collo a man de Arturo e a alzo,
Victoria!!!
|
Maratona de Porto. Finisher |