Choose your language

26 ene 2012

Love is in the air!

Encántanme estes dous, o seu traballo e a parella que forman, encántame que ela sexa máis alta que él e que ela siga a poñer tacóns. As fotos de Scott Schuman definen perfectamente o que é a moda, o estilo e a elegancia, de Garance gustame toda ela, o gusto que ten para todo,  encántame vela ahí no medio da rúa cun frío terribel e sen perder o sonriso e guapisima cos seus sombreiros e os seus marabillosos zapatos.







19 ene 2012

Carnival is coming!!

Amoado
Cando era pequena, non precisaba mirar para o calendario para saber que o Entroido ia achegandose, saiamos do colexo e soamente cos arrecendos marabillosos que saian das casas da miña vila, todos os nenos sabiamos que o entroido ia chegando, xa as mulleres comezaban a facer Filloas e Orellas, xa podiamos ir buscar aos faiados as roupas vellas para preparar os disfrazes e pasar o día xogando.


Ovos (da casa mellor), leite, limóns da orta, anis e un pouco de touciño, así é como as facía a miña avoa, e así é como as fago eu, non teño filloeira pero ca tixola ainda vou facendo.































E xa sabedes moita paciencia e moito amor, e unha cunca con auga para mollar os dedos......























Photos by me.


7 ene 2012

Jane Eyre.My first heroine!

Noite de Reis, e recibo un gran agasallo!Despois de agardar uns cantos meses dende o estreo en Estados Unidos de Jane Eyre por fin, podemos ver a pelicula nas nosas terras. Teñolle un cariño especial a Jane Eyre, na casa dos meus pais un día buscando algo para ler nas estanterias do salón, atopei a novela en dous tomos de Jane Eyre de Charlote Brontë e con 12 anos sumerxinme no mundo de Jane, de Rochester, de Thornfield, dos paramos de Inglaterra, da súa bruma e da súa beleza. Descubrín que Jane era unha muller forte, independiente, intelixente e culta que loitaba por sair adiante nun mundo frío, cruel e duro en demasia, para unha moza da súa idade. Páxina a páxina ia descubrindo a vida de Jane, o seu coraxe, a súa templanza, o seu valor, e convertiuse para min na miña primeira heroina. Foron pasando os anos e fun lendo outros libros, e de vez en cando volvia a atoparme con eses tomos, abriaos  e volvia a ler esas palabras tan cercanas para min. Agora están conmigo na miña casa, na miña mesita de noite, son un pequeno tesouro.
Así que estaba desexando ver esta pelicula, e podo dicir, que me encantou, que é moi parecido a estar lendo o libro, a fotografia é impresionante, os actores sublimes, o vestuario perfecto, quen poidera poñer esas roupas...a única pega que lle vexo é que si non liches o libro, probablemente non te enterarás moito do argumento, así que primerio leede o libro, e despois ide a ver a pelicula non vos defraudará.









3 ene 2012

Black Nails

Teño este esmalte de unllas, e as veces pintoas con esta cor, pero non sei, non me convence, de repente pareceme bonito, cun toque gotico, orixinal, transgresor, e de repente, deixame de gustar e vou correndo a borralo....Gustavos a cor negra nas unhas, ou vos pasa como a min as veces si as veces non?





1 ene 2012

Welcome 2012!!

Rematei o ano correndo unha San Silvestre, pendente do reloxo, do tempo, dos segundos, rematamos o ano comendo as uvas, mirando para a pantalla do televisor, controlando outra vez o reloxo, así que soamente vou pedir para o 2012, un pouco máis de tempo, tempo de calidade, tempo para cociñar,tempo para ler, tempo para correr a modiño, tempo para ir ao teatro, para estar cos amigos e a familia, tempo para compartir e disfrutar cos demais.